jueves, 19 de noviembre de 2009

Ola nenos e nenas, tras un periodo de reflexión decidin voltar ao ciberespazo e como primeiro aporte querovos recomendar o seguinte blog: http://levogira.blogspot.com/, ten entradas altamente interesantes seguro que vos gusta.
Miradsobre todo o das esferas parece altamente metafórico.

sábado, 17 de octubre de 2009

Un bonito conto.

Esta semana Chelo envioume esta bonita e significativa historia, espero que vos guste

Abrín a boca e dixen aaaaaaa.
E saquei a lingua. Vermella. Vina asomar por debaixo do nariz.
Volvín metela na boca. Seguía aí. Uf.

Eu só son unha nena e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda. Sei algunhas cousas.
Gústame darlle voltas ás cousas.

Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis adentro, aquí, na gorxa. E moitas na lingua. Se eu penso unha palabra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando cara a fóra, aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas.

Cando estaba aprendendo a ler un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois descubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis... teño unha idea, e a idea aparece na cabeza nese momento, como as palabras que aparecen na lingua nada mais pensalas.
É así.
Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoiteille a unha señora dicíndolle a outra algo así como que O problema máis grande, é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: Os nenos están perdendo a lingua. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben.
E a outra señora dixo ahá, con cara de preocupada.

Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me levaba da man e tiñamos que ir á carnizaría. E cando chegamos á carnizaría, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá:

Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua?
E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rara e púxose seria como cando me está explicando o número nove, que para min é o número máis difícil, e díxome:
Si, hai moitos nenos e nenas que están perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades.

Douscentos gramos de queixo, por favor. Así que eu collín un pouco de medo porque, claro, eu vivo nunha cidade e aínda son unha nena.
E abrín a boca e aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí. De volta no autobús, outra vez. Na radio, despois dunha canción de non sei quen, ponse perda da lingua estase estendendo por todo o país...
E dixo "estendendo" como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos.

E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome Pois falar moito.
Como de moito? Moito. Tes que falar seguido, dixo.

Eu, cando non me vía volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff.
E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua.

Ola, ola, bos días, ola boas tardes, fun saudando a todo o mundo pola rúa.
E á veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscentos gramos de queixo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e cando cheguei á casa púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así.
E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome Non se fala mentres se come.
De cando en vez saco a lingua aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaa. Uf.
Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén a súa lingua? Parece incríbel. Aínda que se toda a xente fala diso debe ser certo...
Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ha! Nin en soños vou perder eu a miña lingua!

sábado, 5 de septiembre de 2009

EPISODIO 0 (VOLVER O REGO)

Ao longo da historia moitos e celebres foron os membros dunha raza destinada a facer volver o rego a unha sociedade desencamiñada , adicaron os seus destinos a rematar ca tonteria. Os seus máis famosos membros foron: Atila(el segador) , Máximo Décimo Meridio (gladiator), Conan(el barbaro) , Chuck Norris (o desaparecido), Silvester Stallone (Sr esterroides, non confundir con asteroides) , Hulk(pelea de coña) Hogan,
Steven Seagal( o coiñeitor), Arnold(o gobernator(ex-conan , ex-terminator, ex-brother of vitto) e mellor e mais importante de todos , Bruce(be water my friend) Lee.
Tras anos de espera a sociedade volve contar cun novo valedor, que entrenado máis aló do rio Lethes (o limia river para a xente da E.S.O.) foi capaz de absorver toda a sua sabiduria... tras ser detido por un crime que non tiña cometido agora sobrevive como rockeiro de fortuna, se vostede ten algún problema e consigue localizalo , se cadra pode axudalo... Kamilolr (o lider dos correchousianos)....

O OSTIOPATA

martes, 26 de mayo de 2009

champions

Bueno, maña é a final da copa de europa (mellor esta denominación e non o de liga de campeons que ben sendo o mesmo que vender os donuts de un en un). Unha cousa interesante desta final é o feito de que os idiomas oficiais da final serán o ingles o frances e o catalán. Deste feito podemos sacar unha importante e gran conclusión, para facer grandes cousas compren grandes ideais, compre ter fe en si mesmos e compre que a túa sociedade, que os que se entende que forman parte de ti non se avergoncen do mundo que representan; maña non veremos a ninguen rasgandose as vestiduras porque un altofalante do olimpico de Roma fale en catalan. En cambio no outro extremo de Iberia, no noso extremo, xa haberia quen se estaría facendo cruces e a piques de queimarse ao bonzo. Logo queixaremonos de que non temos industria, nin nivel de vida, nin desenvolvemento. Todo isto non se consigue por falar unha ou outra lingua senón por ter fe no teu mundo, na túa sociedade e sentirse fachendosos delo. Por desgraza a historia de Galiza, por certo onde surxiron as ideas que deron paso ao desenvolvemento politico dos sentimentos nacionais de Catalunya (as bases de Manresa, inicio do catalanismo politico, estan basaeadas nas conferencias politicas de Brañas) está chea de desprezos propios, de perda case intencionada de oportunidades e no fondo de traicións absurdas, vamos algo así coma se mañá os culés decidisen animar ao Manchester en lugar de ao seu equipo simplemente porque, de golpe, lles gustase ser hinchas britanicos que sempre viste máis (xa sabedes cuestión de darlle pan a quen non lle cómpre)

jueves, 14 de mayo de 2009

....Sintomas

Ola nenos e nenas, despois deste periodo de reflexión xa estou de novo convosco, que sei que o estabades agadando ansiosamente jejejej. E estou aqui para comunicarvos o ineludibel ... xa case somos vellos; si sómolo aínda que nos neguemos a crelo e en ke me baso para tan elevada observación? pois para todos aqueles que nacimos a finais dos 70 existen unha serie de indicativos do excesivo paso do tempo, son os seguintes:
1. Resurxe o local do Sofal reconvertido en dous novos supermercados, esto en si non é o grave, o grave e que case ninguen menor ca ti se lembre do Sofal.
2. A xente menor de 23 anos tratate de vostede, sto tampouco é o grave o que si o é é que a xente maior tamen o faga.
3. Entras un día na uni e descobres que non queda ninguen de cando ti empezaches.
4. Eres capaz de lembrar que Felipe Gonzalez foi presidente do goberno; isto en si non é o grave o gravee que hai xente que non se lembra de Aznar e xa é capaz de falar.
5. Os nenos que todavia eran un proxecto de embarazo cando saiches da EXB xa poden votar.
6. Os donuts xa non veñen de dous en dous, son individuais e estan envasados nunha especie de cunca de plástico.
Se vos sentides identificados non desesperedes aínda... o Tabares aínda está en pé resistindose a que sexamos vellos definitivamente.

lunes, 20 de abril de 2009

A profecia

Fai moitos moitos anos nunha Galixia moi moi lonxana comezou a cumplirse a profecia, o xoven gedi AnaQuin Skywalker pasouse ao lado escuro tras adoptar os métodos do senador fragastin abandoando os seus ideais espirituais para abraza-lo lado escuro da forza. Tras esta desviación na forza os gedi foron case eliminados da face da galixia namentres que o lord escuro feijoodias poñia o senado galictico ás ordes do senador convertendoo en emperador escuro.
A unica esperanza galictica está no mestre obibeiraskenobi que no exilio preparara un digno sucesor.......

El gato ahogado

Estaba vendo El gato al agua, en intereconomia, e acabo de chegar a conclusión que se os coñecementos de politica que teñen son os mesmos que os de xeografia básica dubido moito que sexan capaces de saber como se mete a papeleta na furna. Nun momento da pseudotertulia de hoxe un dos contertulios dixo que Ribadeo era "el ultimo pueblo de Asturias". Alucinante, por non decir xa o de que al lado esta "Vivero". Vendo a esta panda de burros espero e desexo que alguen lles regale unha guia michelin ou algo similar non vaia ser que non topen a súa casa.