lunes, 20 de abril de 2009

A profecia

Fai moitos moitos anos nunha Galixia moi moi lonxana comezou a cumplirse a profecia, o xoven gedi AnaQuin Skywalker pasouse ao lado escuro tras adoptar os métodos do senador fragastin abandoando os seus ideais espirituais para abraza-lo lado escuro da forza. Tras esta desviación na forza os gedi foron case eliminados da face da galixia namentres que o lord escuro feijoodias poñia o senado galictico ás ordes do senador convertendoo en emperador escuro.
A unica esperanza galictica está no mestre obibeiraskenobi que no exilio preparara un digno sucesor.......

El gato ahogado

Estaba vendo El gato al agua, en intereconomia, e acabo de chegar a conclusión que se os coñecementos de politica que teñen son os mesmos que os de xeografia básica dubido moito que sexan capaces de saber como se mete a papeleta na furna. Nun momento da pseudotertulia de hoxe un dos contertulios dixo que Ribadeo era "el ultimo pueblo de Asturias". Alucinante, por non decir xa o de que al lado esta "Vivero". Vendo a esta panda de burros espero e desexo que alguen lles regale unha guia michelin ou algo similar non vaia ser que non topen a súa casa.

domingo, 12 de abril de 2009

Bus e civilización

Se un dos intomas inequivocos da existencia de civilización nuha zona habitada é a presenza dunha taberna, palabras de manolo, outra ben podería ser a existencia de marquesiñas de bus. En Ourense, como ben sabedes existen varios tipos destas miticas construccións:
1 A marquesiña aberta con publicidade, propia do bus urbano. Contén publi de lenzaría feminina e soe levar unha moza semiespida, en epoca electoral temen soe aperecer touriño aínda que iso si vestido.
2 A de pau con tres caras tamen urbana
3 A modelo deputación de ourense típica do rural ourensan. Tratase dunha casiña de cor azul ou amarela. Soe empregarse de lugar de reunión nas épocas de chuvia. Crese que está feita en honra de lord baltarius señor de las tierras medias tamen coñecido como caciqueitor ou o home aceituna.
4 A europea, tipica tamen do rural; non so ourensan senon galego en xeral. Ten modos e formas distintos mais en tódolos casos ten un custe non inferior aos25 millons de pesetas e esta feita con fondos europeos.
5 A do intercambiador da alameda. Unica na súa especie. A súa caracteristica principal é que ten o banco de espera de costas a estrada para que non poidas ver chegar o bus mais si as preciosas vistas a parade traseira.
Mención a parte merece o caso de Ferrol que posue a particularidade de que as súas paradas urbanas son distintas entre si feito case único no mundo:
1 A semipechada transparente, sen publicidade e con forma de caixiña de coche de xoguete dos 80.
2 A aberta coa moza semiespida.
3 A de pau
4 A de casiña sen logo da depu de ourense pero claramente plaxiada desta e con reminiscencias baltaricas.
Por ultimo destacar a enxebre consistente nu sinal de ceda o paso unhas silvas decorativas e unha pedra coma asento....ca de fondos europeos por gastar!!!!!!!!

sábado, 11 de abril de 2009

Cousas del ferroltierra

Como todos vos saberedes na Galiza septentrional existe unha lingua mundialmente coñecida como o coruño, lingua hiperculta que parlan tódolos seguidores de lord vazquez I, "el Paquito"; pois como toda lingua que se precie esta ten un dialecto que a encumbra como adaliz da cultura. Tratase do "ferrolino" lengua del ferroltierra.
Para que non andedes polo mundo sen coñecer linguas e non vos perdades nas vosas viaxes as terras do caudillo unha pequenas indicacions toponimicas da zona:
O Ferrol= el Ferrol
Laraxe= Larage
Cedeira= Cedera
As pontes= Las Puentes
Ortigueira= Ortiguera
Con estas breves indicacions xa estades capacitados para viaxar polas terras do norte e podervos comunicar cos indixenas correctamente.

jueves, 9 de abril de 2009

aqui estamos

Unha vez convencido polas sabias palabras do mestre aetherlux e de camilor, lider dos correchousianos, decidome a por en marcha este blog. Que a forza nos acompañe a todos....