domingo, 12 de abril de 2009

Bus e civilización

Se un dos intomas inequivocos da existencia de civilización nuha zona habitada é a presenza dunha taberna, palabras de manolo, outra ben podería ser a existencia de marquesiñas de bus. En Ourense, como ben sabedes existen varios tipos destas miticas construccións:
1 A marquesiña aberta con publicidade, propia do bus urbano. Contén publi de lenzaría feminina e soe levar unha moza semiespida, en epoca electoral temen soe aperecer touriño aínda que iso si vestido.
2 A de pau con tres caras tamen urbana
3 A modelo deputación de ourense típica do rural ourensan. Tratase dunha casiña de cor azul ou amarela. Soe empregarse de lugar de reunión nas épocas de chuvia. Crese que está feita en honra de lord baltarius señor de las tierras medias tamen coñecido como caciqueitor ou o home aceituna.
4 A europea, tipica tamen do rural; non so ourensan senon galego en xeral. Ten modos e formas distintos mais en tódolos casos ten un custe non inferior aos25 millons de pesetas e esta feita con fondos europeos.
5 A do intercambiador da alameda. Unica na súa especie. A súa caracteristica principal é que ten o banco de espera de costas a estrada para que non poidas ver chegar o bus mais si as preciosas vistas a parade traseira.
Mención a parte merece o caso de Ferrol que posue a particularidade de que as súas paradas urbanas son distintas entre si feito case único no mundo:
1 A semipechada transparente, sen publicidade e con forma de caixiña de coche de xoguete dos 80.
2 A aberta coa moza semiespida.
3 A de pau
4 A de casiña sen logo da depu de ourense pero claramente plaxiada desta e con reminiscencias baltaricas.
Por ultimo destacar a enxebre consistente nu sinal de ceda o paso unhas silvas decorativas e unha pedra coma asento....ca de fondos europeos por gastar!!!!!!!!

4 comentarios:

  1. Ben se ve que que en Ferrol (ferrol del bocadillo)están a vangarda das marquesinas para autobuses, non tanto coma nas terras baltáricas ,pero quizais sexan uns discipulos claramente adiantados, pena que os correchousianos non gocemos deste tipo de construccións....

    ResponderEliminar
  2. Bueno, al menos tendrán marquesinas, que yo me conozco bastantes pueblos en tiquicia que con costos llegan a tener bus, pero a la vuelta ya implantaré unas nuevas normas, a lo mejor se necesitan marquesinas para que los buses estén más a gusto!

    ResponderEliminar
  3. pero non digas que teñen o encanto do enxebre ( pero enxebre de verdad), eh? ainda que co que chove , non sexan moi útiles, non...e, se es unha despistada coma min, corres o riesgo de non ver a parada e perder o autobús, que a min me pasou fai pouco na Valenzá, e o peor é que ten marquesina, e non a vin...

    ResponderEliminar
  4. Xa serán marquesinas, que marquesiñas deben ser marquesas pequenas ;)

    ResponderEliminar