jueves, 14 de mayo de 2009

....Sintomas

Ola nenos e nenas, despois deste periodo de reflexión xa estou de novo convosco, que sei que o estabades agadando ansiosamente jejejej. E estou aqui para comunicarvos o ineludibel ... xa case somos vellos; si sómolo aínda que nos neguemos a crelo e en ke me baso para tan elevada observación? pois para todos aqueles que nacimos a finais dos 70 existen unha serie de indicativos do excesivo paso do tempo, son os seguintes:
1. Resurxe o local do Sofal reconvertido en dous novos supermercados, esto en si non é o grave, o grave e que case ninguen menor ca ti se lembre do Sofal.
2. A xente menor de 23 anos tratate de vostede, sto tampouco é o grave o que si o é é que a xente maior tamen o faga.
3. Entras un día na uni e descobres que non queda ninguen de cando ti empezaches.
4. Eres capaz de lembrar que Felipe Gonzalez foi presidente do goberno; isto en si non é o grave o gravee que hai xente que non se lembra de Aznar e xa é capaz de falar.
5. Os nenos que todavia eran un proxecto de embarazo cando saiches da EXB xa poden votar.
6. Os donuts xa non veñen de dous en dous, son individuais e estan envasados nunha especie de cunca de plástico.
Se vos sentides identificados non desesperedes aínda... o Tabares aínda está en pé resistindose a que sexamos vellos definitivamente.

1 comentario:

  1. Máis grave ainda. Cando vas ó médico, este en lugar de decirche se estás ben ou mal fai preguntas insidiosas sobre a ver cando lle levas un cliente novo.

    ResponderEliminar